O pasado luns 19 de decembro a AVV do Rosario - Inferniño convocaba en réxime de autoconvocatoria unha concentración-xuntanza fronte as dependencias da Galería Sargadelos de Ferrol por mor do anuncio feito na prensa días antes sobre o seu peche. Froito dese encontro, recolleuse a seguinte acta de reunión:
Tamén se procederá a recoller sinaturas coa fin de recabar apoios na cidadanía contra o peche deste emblemático espazo de Ferrol. Poden descargarse da seguinte ligazón: [DOC - Sinaturas]
ACORDOS da Xuntanza realizada este Luns-19 ás 19,30 horas nos arredores da Galería SARGADELOS por unha AUTOCONVOCATORIA publicitada pola Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, dirixida a cidadanía, entidades sociais, políticas e culturais.
Ante o anuncio de peche da Galería Sargadelos- Ferrol, as entidades e maioría social expresamos o noso rexeitamento polo signivficado que representa o legado de ISAAC DÍAZ PARDO, benquerido intelectual de nosa cultura galega e fundador do Laboratorio de Formas, Cerámica Sargadelos, Edicións do Castro, Seminario de Estudos Galegos..etc. Estendemos que dende esta Plataforma non debemos permitir que a súa obra cultural caia no esquecemento para continuar o seu legado nesta cidade de Ferrol e difundilo ao mundo socio-cultural.
Somos conscientes que tratase dunha empresa de carácter privada, aínda que para nós ten un significado de especial interese público pola súa transcendencia e compromiso coa cultura Galega. No sau Salón de Actos celebramos os nosos debates de ámbito reivindicativo social, político ou cultural que consideramos un espazo de total tolerancia e independencia.
Varios representantes sociais, como Asociación Cultural Fuco Buxán, S.C. Medulio, Asociación C. San Fernando, Avv A Magdalena, grupo político BNG, Asociación veciñal O Rosario –Inferniño, persoas individuais coinciden en expresar o total rexeitamento do peche da Galería Sargadelos-Ferrol.
O Alcalde de Ferrol fai unha intervención para comunicar que o goberno fixo xestións coa empresa. Pedimos que siga mediando coa implicación da Xunta de Galicia.
ACORDOS:
Ferrol, a 19 de Decembro de 2016 .-
- Rexeitar o peche da Galería Sargadelos- Ferrol.
- Crear un colectivo ou Plataforma de entidades para coordinar futuras accións.
- Instar as institucións públicas, Concello de Ferrol e Xunta de Galicia, as súas mediacións co obxecto de evitar o peche de súa actividade.
- Convidar a outras entidades as súas ADHESIÓNS nesta causa.
- Facer uso das TIC,s neste cometido, redactar comunicados públicos, recollida de sinaturas as entidades da comarca para evitar este peche.
- Realizar convocatorias de CONCENTRACIÓNS periódicas semanais neste lugar.
- Vindeira CONVOCATORIA o vindeiro LUNS-26 ás 7,30 horas da tarde nos arredores desta Galería SARGADELOS.
Saúdos .-
A Plataforma Salvar Sargadelos- Ferrol .-
Por este motivo convidamos á cidadanía a participar na próxima convocatoria de reunión de esta plataforma, e que terá lugar o luns 26 de decembro, ás 19:30h nos arredores da Galería Sargadelos.
A continuación incluimos o texto do manifesto que se elaborou dende a plataforma:
SALVAR SARGADELOS FERROL
MANIFESTO
As mulleres e os homes que vivimos nesta cidade non podemos permitir que nos deixen sen dignidade.
Dáse por feito que a Galería Sargadelos de Ferrol despois de 26 anos de actividade pecha as súas portas e non parece ser por motivos económicos, pero aínda que así fose, a Galería Sargadelos representa para todos nós moito máis que un comercio de porcelana e venta de libros, representa a nosa mesma identidade, representa a singularidade dun pobo a través das distintas formas de facer e expresarse, de falar e de convivir, de pensar.
As persoas que estiveron ao fronte do proxecto cultural da Galería Sargadelos de Ferrol ao longo do tempo así o entenderon, respectaron todo tipo de actividade cultural da cidade, axudando a dinamizala e a reivindicala.
Por iso hoxe nos sentimos máis orfos aínda nunha cidade que non quere ser un deserto.
Estamos cansados de ver como a Industria, os Estamentos e o Comercio desta cidade desaparece sen máis rexistro que as portas pechadas e as ventas empapeladas de papel de estraza.
Non nos afacemos a ver os baixos desta cidade sen actividade, nin aos edificios sen uso, nin as xentes deambulando en silencio polas rúas baleiras. Non aceptamos esta situación como o destino que nos correspondeu, porque o destino constrúese.
Por iso facemos un chamamento a todas as Entidades, asociacións ou agrupacións de todo tipo: culturais, veciñais, sindicais, políticas...e persoas a titulo individual a que se unan e apoien a Plataforma “ SALVEMOS SARGADELOS FERROL” para que non non baixen o enreixado deste espazo emblemático da cidade.
Solicitamos asi mesmo a intervención do goberno Municipal de Ferrol, da Xunta de Galiza e dos Representantes Empresariais para que poidamos seguir contando con este espazo de cultura e liberdade: A GALERÍA SARGADELOS DE FERROL
Tamén se procederá a recoller sinaturas coa fin de recabar apoios na cidadanía contra o peche deste emblemático espazo de Ferrol. Poden descargarse da seguinte ligazón: [DOC - Sinaturas]