Saltar ao contido principal

Foro Galego de Inmigración - Rolda de Prensa : luns 12 de decembro, 12h, Galería Sargadelos (Ferrol)

Compartimos a convocatoria do Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra para asistir á rolda de prensa que convocan este luns 12 de decembro









Dende o Foro Galego de Inmigración - Ferrolterra, convocamos este luns 12 de decembro, ás 12:00h, na Galería Sargadelos de Ferrol, unha rolda de prensa para presentar a Semana de Loita Contra as Fronteiras deste ano 2016.

Convidámosvos a participar nesta rolda de prensa, coa fin de dar apoio a esta iniciativa e darlle visibilidade ante os medios de comunicación


14 a 17 Decembro Semana de Loita Contra as Fronteiras

“Ningunha persoa sen dereitos!”

O Foro Galego da Inmigración aborda as fronteiras no acceso a prestacións e dereitos sociais, informando e sometendo a análise as recen implantadas rendas municipais.
Cada ano ano adicamos os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.

Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos.

En anteriores edicións abordamos a realidade dos Centros de Internamento de Estranxeiros, a exclusión sanitaria que supuxo o Real Decreto 16/2012 ou a existencia dos voos de deportación cos que se veñen lucrando as empresas aéreas.

Desta volta, escollemos examinar un dispositivo moito máis sofisticado e invisíbel como son as fronteiras institucionais que impiden o acceso a dereitos básicos, catapultando as persoas migrantes a situacións de vulnerabilidade e exclusión. 


Ademáis anunciaremos que o Concello de Ferrol accedeu a pendurar da fachada do Concello unha pancarta da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas durante toda a semana para conmemorar este feito.

Programa de actividades da Semana de Loita contra as Fronteiras en Galicia:
MÉRCORES 14. FERROL

  • 19hs. Ateneo Ferrolán. Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 19hs. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena nº 202-204)

VENRES 16. CORUÑA.
  • 20hs. Asociación Viraventos. Colóquio “Fronteiras invisíbeis e dereitos sociais”, con Manolo S. Bayona (Coordinación Baladre). 20hs. Asociación Viraventos (R/ Mosteiro de Caaveiro, 4, baixo).

SÁBADO 17. COMPOSTELA
  • 12hs. Praza do Toural. Concentración “Contra as fronteira e as políticas migratorias: Solidariedade!
  • 18hs. CTC San Roque. Conversatorio “Ningunha persoa sen dereitos!” Renda municipal e dereito a vivir dignamente. Con Manolo S. Bayona e Leticia Castro.

SÁBADO 17, FERROL

  • 11:30hs. Ateneo Ferrolán. Acto Conmemorativo do Día Internacional das Persoas Migrantes. Farase a proxección dun documental e posteriormente abrirase unha mesa redonda na que participarán Xabier Ron -Esquerda Unida- e Maite Bustamante -avogada-.