Saltar ao contido principal

Sábado 10 de decembro - Homenaxe a Roberto Casteleiro "Caladiño"

Un grupo de amigas e amigos de Roberto Casteleiro, o inolvidable “Caladiño” - persoa e personaxe que tan fonda pegada deixou en todos cantos o coñeceron, respectaron e admiraron - animámonos a organizar uns sinxelos actos en lembranza da súa memoria e en recoñecemento a súa entrega, de toda unha vida, ao mundo do ensino e ao fomento da cultura participativa, a través do cinema, o teatro, as letras, a música, as artes… colaborando sempre cun sentido do protagonismo colectivo sobre o individual.

Á asistencia a estes actos queremos convidarvos coa certeza de que Roberto gozará da vosa presenza e participación.







ACTO HOMENAXE A ROBERTO CASTELEIRO

“CALADIÑO”

Sábado 10 de Decembro de 2016



  • Acto Cívico: ás 12:00 horas, no Cemiterio de Catabois.

    Ofrenda floral.

    Interpretación musical e poética e breves intervencións da organización e o Concello.

  • Acto Homenaxe: ás 20:30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.

    Proxección dún documental sobre a súa obra e vida.

    Intervencións personais e institucionais, glosando diversos aspectos deste ferrolán tan rico en actitudes e solidariedades.

    Intervención poética e Musical.


As localidades pódense retirar, xa, en horario de taquilla no Teatro Jofre, a razón dun máximo de catro por persoa.

Horario de Taquilla:
De martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.
Sábados, domingos e festivos de función, horario habitual desde dúas horas e media antes do inicio da mesma.



Agardando contar coa vosa presenza, moitas grazas a todos/as



Apoian e Colaboran nesta Homenaxe:

Concellos de Ferrol, Moeche, Ribadeo, O Barco de Valdeorras e Petín.

Asociacións: Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán, Muiño do Vento, Filarmónica Ferrolana, Bartoleta Teatro, Memoria Histórica Democrática. Pequecoro, A.C.

Equipa Normalización Lingüística Conservatorio Música “Xan Viaño”

Institutos “Concepción Arenal” Ferrol e “Lauro Olmo” de O Barco de Valdeorras. Amigos de Roberto Casteleiro.















Roberto Casteleiro Fernández “Caladiño”

Ferrol 1939 – Barcelona 2016



De ascendencia mugardesa e ferrolá.

Estudou na Escola Obreira e Escola de Aprendices de BAZAN.

Operario de Electricidade.

Foi un dos impulsores, nos anos 60, do Bacharelato Nocturno no Instituto Concepción Arenal, o que resultou ser un paso moi importante de promoción educativa e cultural para os traballadores.

Participou das actividades do Cine-Club e do Teatro Estudio.

Deixou BAZÁN e licenciouse en Historia pola Universidade de Barcelona.

A Tesina de licenciatura é un traballo sobre “A Colonia Güell” de Sta. Coloma de Cervelló (Barcelona) dirixida polo profesor Florit, 1978.

Nos anos 70 exerceu a docencia no Instituto “Marqués de Suances” (organizando a Biblioteca) e o Seminario de Graduados Sociais de Ferrol.

Colaborou activamente co Ateneo Ferrolán e outros movementos Culturais da cidade.

Aprobadas as oposicións, como profesor de Formación Profesional, foi destinado ao IES “Lauro Olmo” do Barco de Valdeorras.

Alí, durante 6 anos, levou a dirección do Grupo de Teatro do Instituto, facendo moitas representacións pola comarca e dinamizando a vida cultural de O Barco.

Foi protagonista, ca personaxe “Caladiño” da primeira longametraxe realizada en Galicia: “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro.

De novo en Ferrol impartiu clases no IES de Leixa e no Instituto Carvalho Calero até a súa xubilación en 2001.

Colaborou co Grupo de Teatro do Instituto Concepción Arenal.

Foi un dos impulsores do Liceo Rubia Barcia. Organizando numerosas actividades culturais : Exposicións,. Conferencias, catalogación da Biblioteca de José Rubia Barcia, Cinema, Teatro, etc.

Creou e dirixiu o Grupo Teatral “O Castelo”, en Moeche, representando numerosas obras, por diversos puntos de Galicia, especialmente “Os Irmandiños” e “Pedro Madruga” ambas de Daniel Cortezón.

No 2000 participou como actor e co-director da montaxe “Unha Batalla de Brión” no 200 aniversario daquel evento.

Publicou diversos traballos e colaboracións na prensa, Ferrol Análise e outras publicacións.

Cofundador da A.C. Fuco Buxán, organizou a súa Biblioteca e colaborou nos 40 números da súa Revista “Razón Socialista”.

Foi nomeado, polo Concello de Ferrol, “FERROLÁN DO ANO 1990”.