Saltar ao contido principal

Marcha Mundial das Mulleres - Concentración contra os últimos asasinatos machistas : martes 20 de decembro, 20:00h

Compartimos e sumámonos á seguinte convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres para concentrarnos o martes 20 de decembro fronte o Concello de Ferrol para protestar contra os últimos asasinatos machistas:




A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Ana María Enjamio Carrillo en Vigo e E.M.M. en Compostela

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polos asasinatos de dúas mulleres por violencia machista. Ana María e E.M.M. foron asasinadas polos seus ex-compañeiros sentimentais pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar estes crueis asasinatos e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!!
O MARTES 20 DE DECEMBRO ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL


"As mulleres decidimos"


Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galizatwitter.com/MMMGaliza