Saltar ao contido principal

Convocatoria da Asemblea Extraordinaria de Arméria Soc. Coop. Galega, para o Venres 16 de Decembro, de 2016

Convidámosvos a participar na Asemblea Extraordinaria de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, e que terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro. Compartimos a continuación o texto da convocatoria



Día:
Venres 16 de Decembro de 2016.

Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última.

Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204 Baixo - Ferrol).

 

O Consello Reitor na súa última xuntanza celebrada o martes 22 de Novembro ás 19:00hs no local da Asociación Veciñal “O Rosario”, do Inferniño, estando presentes Manuel F. Rivera Iglesias (Presidente), Xoán Carlos Berrocal Regueira (Vogal), Estefanía Doce Fernández (Vogal), Lucía Vizoso Amado (Vogal), Segundo Ruíz Lemos (Vogal), José María Hernández Roca (Vogal), Manuel A. Rodríguez Carballeira (Vogal), Lupe Ces Rioboo (Vogal) e Inácio Martínez Orero (Secretario), despois de deliberar sobre a situación na que se atopa a Cooperativa, sen actividade económica, sen apenas actividade interna, só funcionando a Sección da Tenda de Troco, mas cun número interesante de usuarias (pois contan con 401 persoas asociadas), acordou convocar unha Asemblea Extraordinaria, na data, hora e lugar sinalados, para analizar a situación do proxecto, ver novas posibilidades e ideas, ou mesmo ver a posibilidade de disolución.


En Ferrol, a 23 de Novembro de 2016



Asinado no nome do Consello Reitor e do seu Presidente, polo Secretario en funcións,
Inácio Martínez.


Arméria Sociedade Cooperativa Galega
(Entidade cooperativa sen ánimo de lucro)

Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol - Galiza

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Sitio-e:
http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

||||||||||||||||||||||||||||||||