Saltar ao contido principal

Marcha Mundial das Mulleres - Concentración en repulsa polo asasinato machista no Carballiño: martes 31 de xaneiro, 20h

Compartimos a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres e convidámosvos a participar nela:



A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Virginia F.V. no Carballiño.

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Virginia foi asasinada polo seu marido pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!!

O MARTES 31 DE XANEIRO ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleresmmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza