Saltar ao contido principal

Salvar Sargadelos Ferrol - Comunicado e nova convocatoria de concentración para este luns 30 de xaneiro

Compartimos unha nova convocatoria da plataforma cidadá "Salvar Sargadelos" para este luns 30 de xaneiro:




CONVOCATORIA de CONCENTRACIÓN da PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS.
LUNS, DÍA 30 DE XANEIRO, ÁS 19:30, DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS-


A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 30 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da pechada Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da Cultura SARGADELOS.

  • LAMENTAMOS e REXEITAMOS que este día 26 de xaneiro se producira o PECHE desta Galería Sargadelos a cal estivo ligada a esta cidade de Ferrol durante 26 anos e que rematou a súa actividade cultural e social co peche de súas portas. Esperamos que novos tempos sexan chegados, desexando a súa nova reapertura.
  • Informamos que teremos unha entrevista co escritor, intelectual e presidente da Academia Galega, Sr. ALONSO MONTERO, co obxecto comunicarlle as nosas demandas e facer entrega dun Documento con nosas actuacións e reivindicacións. 
  • Comunicamos a confirmación dun encontro co voceiro parlamentario de EN MAREA , LUIS VILLARES, para a vindeiro día 2 de febreiro e así continuar estas xuntanzas cos grupos políticos do Parlamento de Galicia.
A plataforma acudirá cunha pancarta e con cartaces un luns máis a esta concentración, manifestando o desacordo co peche desta Galería.
Ferrol, a 27 de xaneiro de 2017






Entidades da Plataforma SALVAR SARGADELOS .- Asociación Cultural FUCO BUXÁN; Asociación Cultural MEDULIO; Asociación SC San Fernando; Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño; Asociación Veciñal A Magdalena; Asociación Veciñal de Caranza; Colectivo Artabra21; Asociación Cultural PATIO DE BUTACAS. APOIOS.- Partido FERROL EN COMÚN; Partido BNG; Partido TERRA GALEGA; Partido Socialista Republicano DECIDE EN COMÚN; Federación de ANPAS de FERROLTERRA e persoas individuais.