Saltar ao contido principal

Asociación Memoria Histórica - Exposición, conferencia e vindeiros actos

O pasado martes 17 de xaneiro, quedou aberta, no Colexio de O Feal, Narón, a Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen”, da Asociación Memoria Histórica Democrática, na que se recupera a memoria dos veciños da comarca que estiveron no campo de concentración nazi da localidade austríaca. Pódese visitar en horario escolar.



O vindeiro LÚNS, 23 DE XANEIRO, terá lugar, nese Colexio, ás 16,30 hs, una conferencia co mesmo título impartida polo Historiador e Directivo da Asociación, Enrique Barrera

Próximos actos da Asociación Memoria Histórica Democrática:

O 24 de xaneiro, ás 20:00h no Ateneo Ferrolán




O 27 de xaneiro coinciden as dúas conmemoracións. ás que convidamos a asistir a toda a cidadanía:


  • Día Internacional de Conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto. Actos institucionais e Acendido de candeas, nos Salóns de Recepcións dos Concellos de Narón (10,30 hs) e de Ferrol (12,30 hs). Tamén o celebrarán nalgúns centros educativos



  • Acto de Homenaxe a Amada García e ás vítimas da represión franquista, no Castelo de San Felipe, ás 17,30 hs. Ofrenda floral, música, poesía e intervención institucional.


    Amada García era natural e veciña de Mugardos, casada e con unha filla, era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

    Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

    Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas é Amada García Rodríguez.

    Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi fusilada no Castelo de San Felipe, xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodriguez Lopez, Jaime Gonzalez Perez, de Ares; e Germán Lopez García, de Cabanas.