Saltar ao contido principal

Mesa Redonda "Lembrando a Quessada" o venres 27 ás 20h e colocación de placa de recoñecemento o sábado 28 ás 11h

Dende Fuco Buxán convídavos á mesa redonda que leva por título LEMBRANDO A QUESSADA, na que intervirán o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, o Presidente da A.C. Fuco Buxán Rafael Pillado e o Concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea. O Vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco José Gómez Alén, comisario da mostra, fará a presentación do catálogo da exposición que se entregará ós asistentes.

A devandita mesa terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro, -día internacional das vítimas do holocausto- no Centro Cultural Torrente Ballester ás 20:00 h.



Ó día seguinte, sábado 28 de xaneiro, ás 11:00 da mañá, poñeremos unha placa de recoñecemento a Xaime Quessada ó pé dun castaño na rúa Lepanto, fronte ó local da A.C. Fuco Buxán e como remate da homenaxe.