Saltar ao contido principal

ADEGA premia a Patricia Gabeiras, Avogada do Comité Cidadán de Emerxencia, co premio Osíxeno 2016

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, ADEGA, acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción”.

O CCE acolleu esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos.


Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, estiveron moi presentes no fallo deste ano.


Os premios entregáronse no decurso dun xantar de confraternización que tivo lugar o sábado 28 de xaneiro ás 14:30h no restaurante A Marola (A Coruña). Unha delegación do CCE acompañou a Patricia na entrega de tan merecido premio, facéndolle patente o seu agradecemento polo seu importante e imprescindible traballo que foi fundamental para conquerir a declaración de ilegalidade da Planta polo Tribunal Supremo.

Na seguinte ligazón podedes acceder ao album fotográfico que recolle as imaxes deste evento: https://goo.gl/photos/LmSMZQDLcZsTpiLL7


Dende Fuco Buxán, celebramos a concesión deste premio.

Planta de gas, peche XA!

Máis información:
CCE - Hoxe Patricia Gabeiras recibíu o Premio de ADEGA