Saltar ao contido principal

Marchas da Dignidade - Mobilización en Ferrol contra o TTIP-CETA-TISA o 21 de xaneiro

A semana pasada anunciabamos en Marchas da Dignidade - Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA a celebración dunha xuntanza sobre as mobilizacións convocadas a nivel europeo contra o TTIP-CETA-TISA para o 21 de xaneiro e a posibilidade de facer algo en Ferrolterra.

Pois ben, froito desa xuntanza, acordouse o seguinte:


Reunidos este xoves 12 de xaneiro nos locais do Ateneo Ferrolán os colectivos e organizacións:

- A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL.
- ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES - AGAMME.
- BLOQUE NACIONALISTA GALEGO -BNG.
- DECIDE EN COMÚN.
- ESQUERDA UNIDA -EU.
- FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN.
- FUCO BUXÁN A.C.
- GRUPO DE CONSUMO FONTE DA UZ.
- MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA.
- MUIÑO DO VENTO ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL.


aos que se sumou Stop Desafiuzamentods da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.

Estes son os colectivos que polo de agora convocan:
(Aberto á incorporación de máis colectivos que o quixer), avisando en:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Teléfono: 635 229 857 | ou no 645158113.

Decidimos convocar en Ferrolterra unha Concentración no marco da Acción Internacional contra o CETA que vai ter lugar o Sábado 21 de xaneiro. A mobilización, nesta Comarca, vai ter lugar ese mesmo día ás 12 do mediodía, no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música. Consistindo nunha Concentración onde interviran representantes das organizacións e colectivos convocantes.


Decidimos facer unha Faixa:
STOP CETA ! FERROLTERRA NA ACCIÓN INTERNACIONAL
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE !
NON Á DITADURA DAS GRANDES CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS






Unha folla informativa que achegamos en formato PDF, anexo a este correo-e [Ver PDF]


E CONVOCAR UNHA ROLDA DE PRENSA PARA O DÍA 19 DE XANEIRO, ÁS 12 DO MEDIODÍA NA CASA DO CONCELLO DE FERROL, Á QUE ESTADES CONVIDAD@S



Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Teléfono: 635 229 857 |