Saltar ao contido principal

Plataforma Salvar Sargadelos - Acto homenaxe a Isaac Díaz Pardo: luns 23, 19h

Compartimos a convocatoria que fai a Plataforma "Salvar Sargadelos" para convidar á cidadanía a un acto homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Galería Sargadelos de Ferrol o vindeiro luns 23 de xaneiro, ás 19:00h:




A “Plataforma Salvar Sargadelos” CONVOCA e CONVIDA a cidadanía e entidades sociais a un acto público na Galería SARGADELOS-FERROL, este vindeiro luns-23 ás 7h da tarde co fin de proxectar unha película sobre o intelectual galeguista ISAAC DÍAZ PARDO, súa obra artística e relación con SARGADELOS.

Estarán presentes neste acto os fillos de Isaac, Camilo Díaz e Xosé Díaz para acompañarnos e amosar a historia e o significado cultural de Sargadelos.

Remataremos este acto dando conta das seguintes actuacións e cun debate aberto a cidadanía.

Ferrol, a 19 de xaneiro de 2017 .-

Saúdos

Plataforma Salvar Sargadelos .-