Rafael Pillado modera o debate "Amianto e saúde pública" este xoves 26 de xaneiro, 19:30h, na sede Podemos A Coruña
Este xoves 26 de xaneiro, ás 19:30h, na sede de Podemos Coruña terá lugar o debate "Amianto e saúde pública", que estará moderado polo noso presidente Rafael Pillado. Un debate que toma como punto de partida o problema que está a ter lugar no colexio Ramón de la Sagra, no que se están a facer obras sobre materias con amianto mentres se imparten clases.