Saltar ao contido principal

Salvar Sargadelos Ferrol - Nova convocatoria de concentración para o luns 9 de xaneiro

A pesares de non ter podido anunciar a convocatoria do luns pasado, compartimos con vós a nova convocatoria de concentración da plataforma cidadá "Salvar Sargadelos Ferrol", que terá lugar o vindeiro luns 9 de xaneiro, ás 19:30h, no entorno da Galería. Velaquí o chamamento:




CONVOCATORIA DA PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS FERROL
NOVA CONCENTRACIÓN
LUNS, DÍA 9 DE XANEIRO, ÁS 19:30, DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS-

A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 9 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da permanencia nesta cidade da Galería Sargadelos, tanto polo que representa como manifestación da nosa propia cultura, como por ser un espazo emblemático para o tecido asociativo e cultural.


Reiteramos que a nosa reivindicación será sempre a DEFENSA DA CULTURA GALEGA que neste caso está presente no legado do insigne galeguista ISAAC DÍAZ PARDO a través do laboratorio de formas, xunto a LUIS SEOANE.


  • Informamos que teremos unha entrevista co Sr. Alcalde de Ferrol este mesmo luns-9 ás 12 h na propia Casa do Concello co obxecto de intercambiar informacións e posibilitar as actuacións necesarias para evitar o peche desta Galería Sargadelos -Ferrol.
  • A plataforma acudirá cunha pancarta e con cartaces un luns máis a esta concentración, manifestando o desacordo co peche desta Galería.
Precisamos o apoio de todas e todos para acadar o obxectivo:

EVITAR O PECHE DA GALERÍA SARGADELOS- FERROL.-

- Saúdos


- Plataforma .-