O Seminario Galego de Educación para a Paz concede ao Foro Galego de Inmigración o premio Portapaz 2017
Compartimos a publicación que fai o Foro Galego de Inmigración - Ferroterra anunciando que o Foro Galego de Inmigración foi escollido como destinatario do premio Portapaz 2017. Dende aquí, a nosa noraboa.
¡Estamos de noraboa! O pasado luns recibimos comunicación do Seminario Galego de Educación para a Paz para informar que acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración o seu premio anual: o coñecido, e prestixioso, premio PORTAPAZ, que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz.

O acto de entrega será o vindeiro venres día 27 de xaneiro, ás 19:30h no auditorio da Obra Social ABanca, na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero sí un importante valor simbólico.