Saltar ao contido principal

Rede Apoio Mútuo Ferrolterra - Concentración de apoio a Jeide en xuizo por desafiuzamento este mércores 11 de xaneiro, ás 10:00h

Recibimos aviso da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - STOP Desafiuzamentos de que este mércores 11 de xaneiro terá lugar en Ferrol un xuizo contra Jeide, unha veciña de Ferrolterra, que se enfronta a ser desafiuzada e expulsada do seu actual fogar sen ter unha alternativa habitacional. Por este motivo, convócase á cidadanía para realizar unha concentración fronte os xulgados de Ferrol (Rúa Coruña, 55) ás 10:00h.

Tamén se convida a que aquelas persoas que poidan, acudan a ese mesmo lugar ás 8:50h para acompañar a Jeide durante o xuizo.

Compartimos o comunicado:

Concentración diante dos Xulgados de Ferrol ante un novo Xuízo der Desafiuzamento e para demandar alternativa residencial e denunciar o desemprego, a pobreza e a exclusión social.


As plataformas Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, teñen convocado mañá mércores 11 de xaneiro, ás 10 da mañá, unha acción de proptesta e denuncia, diante do edificio dos xulgados de Ferrol.


Mañá vai ser desafiuzada unha nai e o seu fillo menor de 16 anos de idade, motivo a falta de traballo e o empobrecemento, desde as plataformas antidesafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada, mobilizamo-nos unha vez máis en demanda de xustiza social. J.T.Z. vai ser xulgada por falta de recursos económicos para facer fronte aos gastos correntes e de residencia, non pode pagar un alugueiro que lle garanta o dereito a unha vivenda digna e adecuada. Un caso máis en Ferrol que se ven somar ás múltiples situacións de inxustiza que se producen a diario. Nos últimos días mantemos xuntanzas coa concelleira de benestar social, para trasladar-lle problemas de exclusión social que se van somando aos que desde hai tempo persisten na cidade. Depende de nós da solidariedade, organización e mobilización, atopar solucións que non se transformen só en paliativas ou dependentes de por vida dos servizos sociais. Todo persoa ten dereito ao traballo ao benestar social e saúde tanto física como psíquica, a un nivel de vida adecuado, até alimentación, vestido e vivenda, e á mellora continua das condicións de existencia... os dereitos dos menores e adolescentes á protección efectiva... o dereito a unha vivenda digna e adecuada... pactos, convenios internacionais, ... continuamente chaman ás administracións a lexislar para garantir-los, mais os gobernos miran para outro lado e tiran medidas para a galería sen importa a súa efectividade e cumprimento, mais estamos faltas de medidas estruturais de reparto efectivo da riqueza, rematar co malgasto e a corrupción e que sexa real as máximas políticas de primeiro as persoas... a non ser que non nos consideren persoas. 





Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!


Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol