Saltar ao contido principal

Plataforma "Salvar Sargadelos" - Información e nova convocatoria de concentración para o luns 16 de xaneiro

Esta semana, a Plataforma "Salvar Sargadelos" informaba sobre as xuntanzas que ía manter cos distintos grupos políticos do Concello de Ferrol para estudar qué accións estarían na súa man para garantir a continuidade da actividade deste espazo:


A "Plataforma Salvar Sargadelos" informamos que estamos mantendo encontros cos Grupos municipais coa fin de debater e intercambiar informacións e acordos ante o anuncio do peche da Galería Sargadelos.

Axuntamos un Documento a presentar aos grupos coas principais reivindicacións das entidades que conformamos esta Plataforma.

- Este xoves teremos encontros co Partido de Ciudadanos - C,s- a partir das 9,30 horas.

- Grupo Municipal do BNG ás 11 horas deste xoves no concello.
- Grupo Municipal do PSdeG-PSOE ás 11,30 horas deste xoves no concello.

- O venres teremos unha xuntanza co Grupo Non Adscritas ( Rosa Méndez- Mª Lemos)  ás 10,30 horas .


- Saúdos

- Plataforma Salvar Sargadelos .-




Asemade, lanzan unha nova convocatoria de concentración para este luns 16 de xaneiro, ás 19:30h no entorno da ubicación da Galería Sargadelos:




CONVOCATORIA de CONCENTRACIÓN da PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS-FERROL

LUNS, DÍA 16 DE XANEIRO, ÁS 19:30, DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS-


A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 16 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da permanencia nesta cidade da Galería Sargadelos, tanto polo que representa como manifestación da nosa propia cultura, como por ser un espazo emblemático para o tecido asociativo e cultural.


  • Reiteramos que a nosa reivindicación será sempre a DEFENSA DA CULTURA GALEGA que neste caso está presente no legado do insigne galeguista ISAAC DÍAZ PARDO a través do laboratorio de formas, xunto a LUIS SEOANE.
  • Informamos que teremos unha entrevista co Sr. Alcalde de Ferrol e Grupos Políticos este mesmo luns-16 a mañá na propia Casa do Concello co obxecto de intercambiar informacións e posibilitar as actuacións necesarias cun informe xurídico para perdurar e preservar a CULTURA SARGADELOS. Trataremos de buscar un acordo dos diferentes partidos para levar unha proposta ao Parlamento galego co obxecto de crear un ente socio-cultural de interese xeral.

A plataforma acudirá cunha pancarta e con cartaces un luns máis a esta concentración, manifestando o desacordo co peche desta Galería.

Precisamos o apoio de todas e todos para acadar o obxectivo:

EVITAR O PECHE DA GALERÍA SARGADELOS- FERROL.-

- Saúdos

- Plataforma Salvar Sargadelos.-