Ciclo Democracia e Compromiso - Venres 4 de novembro, 20h, Jose Antonio Martín Pallín - A Globalización ¿causa da corrupción?
O vindeiro venres 4 de novembro, ás 20:00h, no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol reiniciamos o noso Ciclo "Democracia e Compromiso" coa presenza do ex-fiscal de Maxistrado emérito do Tribunal Supremo Jose Antonio Martín Pallín, que protagonizará a conferencia "A Globalización ¿causa da corrupción?"
José Antonio Martín Pallín (A Coruña, 1936), destacado xurista coñecido pola súa insubornable independencia, foi fiscal do Tribunal Supremo i é maxistrado emérito do mesmo na actualidade. Foi Presidente da Asociación pro Derechos Humanos de España, Presidente tamén da Unión Progresista de Fiscais e Portavoz de Jueces para la Democracia. Membro de varias organizacións de xuristas, colabora con Amnistía Internacional e coa Comisión Internacional de Juristas en misións de investigación sobre Dereitos Humanos en Latinoamérica e Palestina. Foi galardoado có Premio Jurista 1996 da Universidade Complutense de Madrid e tamén có Premio Nacional de Dereitos Humanos no 2006.
Coa devandita conferencia-coloquio, damos continuidade ó ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO indaga nas claves políticas e pretende contribuír ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, seguiremos convidando a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas progresistas e de esquerdas.