Temos o pracer de anunciar que a Área de Xuventude de Fuco Buxán organiza o vindeiro venres 18 de novembro, ás 19:30h, na Galería Sargadelos, unha mesa redonda baixo o título "Desmontando a LOMCE - proposta de un modelo educativo baseado na selección, segregación e desigualdade", na que participarán Javier Sánchez -presidente da Federación Galega de ANPAs-, Jurjo Torres -Catedrático de Universidad de Didáctica y Organización Escolar na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña-, e Francisco Fernandez -portavoz del Sindicato de Estudiantes de Ferrol-.
Non é unha nova lei o que a sociedade española demanda, senón políticas que melloren a educación, políticas que se pacten coa comunidade escolar, coas distintas forzas sociais e cos partidos políticos.
Esta lei:
*Imaxe do cartaz por cortesía de Antía DC -Fotografía-
Non é unha nova lei o que a sociedade española demanda, senón políticas que melloren a educación, políticas que se pacten coa comunidade escolar, coas distintas forzas sociais e cos partidos políticos.
Esta lei:
- Entende a educación como unha carreira de obstáculos salpicada de probas externas e reválidas que pecharán o paso a persoas con dificultades de aprendizaxe.
- Devolve unha formación profesional devaluada (FP dual), con gran parte da formación en empresas que non manifestaron ningún tipo de interés nin intención de financiar activamente esta modalidade.
- Reduce drásticamente a participación democrática en tanto que os consellos escolares perden competencias.
- Desvaloriza as distintas linguas oficias do Estado reforzando que as Administracións Públicas garanten o dereito do alumnado a estudar en castelán.