Saltar ao contido principal

Axuda a que o documental "Los Subversivos" -sobre o papel da ONU nas investigacións por desaparicións e torturas- vexa a luz

Gaia Audiovisuals, unha produtora de cine coa que dende 1998 se produciron documentais e películas de ficción, entre as que se achan “Game Over” -documental ganador do Premi Gaudí 2016-, ou “Neckan” -un thriller sobre os nenos roubados do franquismo, ambientado en Tetuán en 1956 e  que se estreará a principios de 2017- están actualmente no proceso de montaxe do documental “Los Subversivos”.


O documental artéllase ao redor da figura de Theo van Boven – director de Dereitos Humanos da ONU entre 1977 y 1982 –, que fortaleceu desde dentro o funcionamento da ONU en relación aos Dereitos Humanos, arriscando a súa propia vida e sendo destituído do seu cargo. A partir de aí explica a evolución na investigación dos crimes contra a humanidade dalgunhas ditaduras do s.XX, centrándose en Chile, Arxentina e España. O documental amosa como neste último país hai milleiros de persoas tentando romper o silencio sobre os crimes contra a humanidade que tiveron lugar durante a ditadura Franquista. Segundo as manifestacións de Baltasar Garzón no documental, España é o segundo país do mundo con máis desaparecidos, despois de Cambodia. Aínda así, en 80 años non se fixo nin unha soa investigación ao respecto.

Para poder rematar e difundir o documental, que non conta co financiamento de ningunha televisión nin ningunha institución en España -podedes imaxinar o motivo-, o 14 de novembro lanzaron unha campaña de "crowdfunding" a través de Verkami, plataforma de referencia para este tipo de financiamento.  Pódese acceder á información sobre o documental e a campaña, na seguinte ligazón: [Verkami - Los Subversivos].


O funcionamento é moi sinxelo: so hai que decidir que aportación se quere facer na columna da dereita da pantalla, e rexistrarse introducindo os datos persoais e un número de tarxeta de débito ou crédito. Segundo nos informa a produtora, a aportación so se cargará na tarxeta en caso de que o proxecto chegue ao obxectivo marcado -que é de 20.000€-. Se non se alcanza non haberá cargo algún.

Para ver un avance do documental, pode facerse na seguinte ligazón: https://vimeo.com/191464067

Máis información:
gaiaaudiovisuals@gaiaaudiovisuals.com
https://www.facebook.com/The-Subversives-1009262425812956/?fref=ts