Saltar ao contido principal

Primeiro Acto "Homenaxe a unha Vida de Militancia” de EU Narón, adicado a Manola López e Ricardo Aneiros

O pasado xoves  17 de novembro tiña lugar o primeiro acto "Homenaxe a unha Vida de Militancia”, organizado por Esquerda Unida Narón, e que serviu coma sentida homenaxe a unha vida de militancia a dúas persoas históricas na loita política, social e sindical da comarca: Manuela Dolores López García -Manola- e Ricardo Aneiros Sixto.

Sumándonos a esta homenaxe, estiveron presentes nel varios membros de Fuco Buxán.

Para ver máis fotografías do evento, pulsa na imaxe


Para quenes non coñezan a traxectoria dos homenaxeados, compartimos o discurso que o seu compañeiro de EU Narón e actual concelleiro, André Abeledo, lles brindou nese evento:

“Hai mulleres e homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Pero os hai que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.”
― Bertolt Brecht
Este é o caso dos camaradas que imos homenaxear hoxe, un homenaxe merecido, Manola e Ricardo entregaron a súa vida a loita por construír un futuro mellor para todas e todas, eles decidiron compartir unha vida dedicada a militancia comunista.

 Lembro cando o meu fillo maior preguntoume que era ser comunista, eu contesteille que uncomunista é una persoa que pensa que calquera persoa, polo feito de haber nacido ten dereito a unha vida digna e a ter as súas necesidades básicas cubertas, é una persoa que pensa que a economía ten que estar ao servizo do ser humano e non o ser humano ao servizo da economía, é unha persoa que pensa que temos que traballar para vivir e non vivir para traballar, é quen considera que a patria é a clase obreira e quen pensa que a solidariedade, a igualdade, a fraternidade, e a xustiza social son os cimentos dun futuro socialista.
Ricardo é Manola sonche sen dubida deste tipo de persoas.

Manuela Dolores López García, a miña camarada, unha rapaza de 70 anos, unha traballadora incansable membro activo do CPL de EU Narón e militante comunista incansable, traballou toda a súa vida no campo, foi vendedora na praza de Recimil, co-fundadora da Asociación de Vendedores de Recimil e da AAVV de A Gándara.
Durante a ditadura traballou na clandestinidade facendo propaganda para o partido comunista. E ademais de todo o falado, foi nai de dous fillos.

Ricardo Aneiros Sixto de 73 anos, un loitador incansable, que como eu hoxe chegou a ser concelleiro en Narón, un sindicalista, un militante comunista consecuente que pagou o alto prezo da loita pola utopía socialista.
Estivo preso durante 4 meses en 1972 polos sucesos de 10 de Marzo, foi un de aqueles valentes que xunto con Amador e Daniel tiveron o valor de dar un paso o fronte contra a ditadura franquista.
Formou parte do proceso no xuízo dos 23, saíndo absolto, foi despedido de ASTANO como represalia para logo volver a ser readmitido.
Foi detido novamente en 1973 entrando en prisión durante catro meses, grazas a loita e a presión dos seus compañeiros volveu a ser readmitido na empresa.
Dúas veces máis foi detido sen chegar a entrar en prisión.
En 1974 volveu a ser detido e enviado a cadea durante tres meses.
Este é só un pequeno resumo de dúas vidas inmensas, de dous camaradas exemplares, de dous militantes comunistas que loitaron dun xeito incansable para defender os intereses da clase obreira.
Grazas a eles, e outros camaradas como eles, conseguimos os dereitos que hoxe nos estamos deixando roubar, foron eles os que con sangue, suor e bagoas defenderon a dignidade da clase obreira en plena ditadura fascista, e o continuaron a facer nesta falsa democracia.
Grazas camaradas, polo voso esforza, polo vosos sacrificio, e sobre todo polo voso exemplo militante que nos marca o camiño a seguir, o camiño da loita e da dignidade.
Camaradas que viva a clase obreira e o Partido Comunista.”

Máis información: https://elcomunista.net/2016/11/18/primeiro-acto-homenaxe-a-unha-vida-de-militancia-de-eu-naron-2/