Concentración en apoio da familia de Marta Sequeiro - Luns 28 de novembro, 18:00h, Centro Cívico de Caranza
O pasado venres 25 de novembro tiña lugar ás 10:45 horas na fachada da Casa da Muller unha rolda
de prensa da Concellería de Muller e Igualdade coa
finalidade de apoiar aos familiares de Marta Sequeiro.
A rolda de prensa estaba convocada para manifestar o malestar pola consideración que deu a Fiscalía ao crime de Marta Sequeiro como homicidio e non como asesinato, indicando que non atopara indicios de ensañamento. Por este motivo, tamén se anunciaba en dita rolda de prensa a convocatoria dunha concentración que terá lugar o vindeiro luns 28 de novembro, ás 18:00 horas, na explanada do Centro Cívico de Caranza.
Fuco Buxán súmase a esta convocatoria, e convídavos a participar na concentración para esixir xustiza neste crime.