Saltar ao contido principal

Memoria histórica: agardando o enterro de Vicente Peña Tarrasa

En próximas datas será dignamente soterrado en Ferrol o noso conveciño Vicente Peña Tarrasa, Condestable da Mariña Republicana e membro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

A súa semblanza, escrita pola súa filla Antía, está recollida en “RETALLOS DA MEMORIA” publicada no 2007, pola ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA.


https://archive.org/stream/retallos-memoria-1/retallos_01_08_antia_pena_diaz#page/n0/mode/2up


A pasada semana a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica procedeu a exhumación dos seus restos e os doutros tres compañeiros soterrados no Cemiterio de Páramos en 1949 e estánse a realizar as probas de identificación na Universidade de León (Campus de Ponferrada), rematados estes trámites, os restos serán entregados as súas familias.


Vicente Peña (Comisario Político), José Mª Castelo Mosquera “Doctor” (Xefe do Destacamento) Manuel Pena Camino, Carmen Temprano Salorio e Manuel Ramiro Souto, membros do Destacamento “Manolito Bello” de IV Agrupación, foron cercados pola Garda Civil, o 5 de marzo de 1949, na casa da familia Teiga, en Aro – Zas – Negreira. Tras duro combate, no que morreu Carmen, conseguiron escapar acompañados de Manuela Teiga , sendo abatidos todos horas despois, agás Ramiro, nos montes de Páramos (Val do Dubra).



Vicente Peña Tarrasa, “Pedro Borrás” naceu en 1904 en Palma de Mallorca. Residente en Narón, era Condestable da Armada en Ferrol. en outubro del934, xunto con Venancio Pérez,na costa de Asturias, bloqueou os sistemas de tiro do seu buque e tirou os cierres ao mar, para impedir que se disparase contra os mineiros en folga. A raíz do golpe fascista do 36, está a piques de ser fusilado sendo obrigado a facer a guerra no bando fascista. Na posguerra afiliase ao P.C.E. colaborando co “Socorro Vermello”. En 1946, descuberta a súa militancia incorpórase á Guerrilla, formando parte dos destacamentos “Eive-Carbón” e “Manolito Bello”, caendo abatido pola Garda Civil, en Val do Dubra, o 5 de marzo de 1949.




 Máis información: http://memoriahistorica.org.es/s1-news/c3-destacado/antia-encuentra-a-su-padre-67-anos-despues/