Saltar ao contido principal

Foro Galego de Inmigración - Inxusta e brutal expulsión express dun xoven veciño de Compostela dende hai máis de 14 anos

Compartimos con vos o comunicado que difundiu o Foro Galego de Inmigración este sábado 26 de novembro sobre a expulsión dun veciño de Santiago dende hai máis de 14 anos:



FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA URXENTE


INXUSTA E BRUTAL EXPULSIÓN EXPRESS DUN XOVEN VECIÑO DE COMPOSTELA DENDE HAI MÁIS DE 14 ANOS.


O Foro Galego de Inmigración quere facer público que mañá 26 de novembro, a Polícia Nacional de Santiago de Compostela pretende expulsar a un xoven veciño da nosa cidade de orixe paraguaio. Este rapaz de 19 anos, vive coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia.


Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia pretende convertido en Resolución firme executar xa mesmo.


Detido dende o martes 22 (cremos que sobrepasa o tempo máximo de detención) vai ser trasladado a Madrid con intención de envíalo nun avión dende Barajas, vía Perú, con previsión de chegada a Asunción (Paraguai) na madrugada do sábado ao domingo ás 4 da mañá.


Non ten familia algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí denda eses mesmos 14 anos. Coincide ademáis que a nai enferma e soa precisa coidados e atención.


Non entendemos o ensañamento que supón facer efectiva a expulsión deste rapaz, que podía quedar co procedemento de expulsión aquí e coa posibilidade pola vía de arraigo social de arranxar a súa situación legal en España. Dada a urxencia da situación convocamos a cidadanía decente a que chame, mande correos, entre na web, no facebook da Polícia pedindo que se frene esta brutal expulsión.


PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel Fernández (662-307019)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142