Temos o grandísimo pracer de convidarte á inauguración da exposición "Quessada e o seu tempo"
que organizamos en conxunto coa Fundación Xaime Quessada Blanco e o
Concello de Ferrol dentro dos actos realizados para a celebración do Ano Quessada. A inauguración terá lugar este venres 18 de novembro de 2016, ás 19:00h no Centro Torrente Ballester.
Este xoves 17 de novembro, ás 12:00, no Concello de Ferrol terá lugar unha rolda de prensa na que se anunciará este acto de xeito oficial.
O Ano Quessada do Concello de Ferrol comenzaba o pasado 2 de marzo coa apertura ao público da montaxe no Auditorio de Caranza de dous inmensos murais de Xaime Quessada Porto (Ourense 1937-2007), un dos artistas plásticos galegos con mais proxección internacional. Desde entón, locen nas paredes do recibidor e no primeiro andar deste contedor cultural da cidade, logo de moitos anos ocultos e mesmo desterrados, como parte do patrimonio artístico municipal para o desfrute colectivo.
Asemade. o pasado 13 de maio tiña lugar no Centro Cultural Torrente Ballester unha mesa redonda sobre a figura de Quessada que afondaba nos distintos aspectos do artista: a súa personalidade artística e cultura, a súa ligazón sociopolítica e os vínculos literarios. Nela, participaron como poñentes, Vicente Álvarez Areces, expresidente do Principado de Asturias, quen lembrara o compromiso político e social de Quessada no contexto da cidade; Darío Villanueva, director da Real Academia Española, e José Gómez Alén, experto na figura do artista plástico.
Agardamos a vosa presenza