Saltar ao contido principal

STOP Desafiuzamentos Coruña - Un xuíz da Coruña decide que o mellor para unha afectada é que a desafiucen

Compartimos a seguinte nota de prensa de STOP Desafiuzamentos Coruña e a convocatoria de concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña que terá lugar este venres 18 de novembro, ás 12:00h. Dende aquí, a nosa solidaridade coas persoas afectadas por un procedemento de desafiuzamento e pola reclamación dunha solución xusta e acorde coa legalidade europea.




UN XUÍZ DE A CORUÑA DECIDE QUE O MELLOR PARA UNHA AFECTADA E QUE A DESAFIÚCEN

A Coruña, 17 de Novembro de 2016. Este venres, 18 de Novembro ás 12:00h concentrarémonos diante da Audiencia Provincial de A Coruña.

O titular do xulgado de primeira instancia número 11 de A Coruña, ditou sentenza no caso da nosa compañeira Sandra, declarando que o mellor para ela é que a desafiúcen, saltándose así toda a doutrina do TXUE, que é de obrigado cumprimento para os Estados membros.

A pesares de que a doutrina do Tribunal de Xusticia da Unión Europea di que a cláusula de Vencemento Anticipado, que permite as entidades financeiras reclamar, pola falta de pagamento dalgunhas cotas da hipoteca a totalidade da débeda pendente é abusiva, ten que ser declarada nula e, polo tanto, débese arquivar o procedemento de execución hipotecaria para así disuadir os bancos de incluír cláusulas abusivas nos seus contratos, desgraciadamente non soe ser así nos xulgados da Coruña namentres que noutros xulgados de Galicia e España isto non acontece.

Os xuíces da Coruña non so non aplican esta doutrina, senón que deciden polos afectados, dicindo que o procedemento executivo, nestas circunstancias declarado ilegal pola xustiza europea, é o mellor para eles. Este é o caso das nosas compañeiras Magdalena, Pablo, Lola, Sandra e Aurelia ( PAH Ferrol).
Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña e a PAH de Ferrol, queremos denunciar as prácticas contrarias a normativa do TJUE, que os xuíces desta provincia están a realizar.

A pesares dos intentos realizados para denunciar esta situación ante o Xuíz Decano D. Luís Pérez Merino,non acadamos nada.
Os xuíces desta provincia non só están a deixar desprotexidos aos afectados, se non que deciden por eles sen lles preguntar, inclinando así, unha vez máis, a balanza a favor da banca, en vez de lles ofertar aos afectados unha alternativa menos traumática que perder a súa vivenda.

Por todo isto concentrarémonos mañá venres día 18 de novembro as 12 h diante da Audiencia Provincial de A Coruña, acompañados polos avogados Maite Ortiz e Xosé María Erauskin (639 38 74 85 ), Stop desahucios (617 82 95 47) , outros colectivos sociais e autoridades políticas.



DIA
HORA
LUGAR
VENRES  18 – 11 – 16
12:00h
Audiencia Provincial Coruña



Moitas grazas pola vosa atención

¡NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!