Saltar ao contido principal

Marcha Mundial das Mulleres: actos de celebración do 25N, Día Internacional contra a violencia machista

Este venres 25 de novembro, e conmemorando o Día Internacional contra a violencia machista, a Marcha Mundial das Mulleres de Galiza convoca unha concentración na Praza do Inferniño, ás 19:00h.

Fuco Buxán estará alí, e convídate a participar neste acto que a Marcha Mundial das Mulleres está a difundir como segue:

Traballamos durante todo o ano para visibilizar e denunciar as violencias machistas e transformar a sociedade para erradicalas. Este 25N queremos lanzar unha mensaxe en tempos duros nos que as violencias se multiplican: A violencia machista non ten idade: erradiquémola. E queremos lembrar tamén que a violencia machista é contra todas e que as solucións son coletivas. Este 25N, como o resto do ano, saimos ás rúas reclamar unha vida sen violencia #enMarcha #QuerémonosVivas #menunhamenos #nenunhamáis


Máis información:
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
http://feminismo.info/webgalego/