Saltar ao contido principal

Xornadas contra a violencia de xénero - 16 e 17 de novembro, 19:30h

Compartimos esta invitación que nos fan chegar da Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e a Asociación cultural e artística Ti e máis eu Teatro a propósito dunhas xornadas contra a violencia de xénero que organizan os vindeiros mércores 16 e xoves 17 de novembro, a partires das 19:30h no Centro Cívico de Caranza:




A Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza e Asociación Cultural e Artística Ti e máis Eu Teatro estamos a traballar na preparación dunhas xornadas contra a violencia de xénero.

Con estes actos queremos lembrar un problema social contra o que debemos loitar cada día. Non só polo dereito á vida e o respecto que merece cada persoa e, neste caso, as mulleres; senón tamén polas fillas e fillos que sofren as consecuencias da VIOLENCIA DE XÉNERO.

Ser MULLER supón ás veces un risco no noso país, e en moitas outras nacións a anulación total como persoa.

Por iso gustaríanos contar coa túa presenza os días 16 e 17 de Novembro a partires das 19:30 h. no Centro Cívico de Caranza.

A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO É COUSA DE TOD@S.
 

NON FALTES!

Saúdos e moitas grazas.
 

Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza (Mercedes Leal Novo)
Asociación cultural e artística Ti e máis eu Teatro (Angeles RodrÍguez Montero)