Asociación Cultural Fuco Buxán

Exposición e Talleres de Artesanía no Ateneo Ferrolán


Exposición e Talleres de Artesanía que Organiza a A. C. "Camiño da Artesanía" do 2 ao 15 de xullo nas salas de exposicións do Ateneo de 10:00 horas a 14:00 horas.

A inauguración terá lugar o venres día 1 de xullo ás 20 horas.

Exposición e Talleres da asociación "Camiño da Artesanía"

Os seus principais obxectivos son o dar a coñecer o oficio artesanal como parte de cultura, o intercambio de coñecementos entre artesáns e transmitir os coñecementos a novas persoas para divulgar a artesanía.

Para iso a Asociación ten previsto actividades como impartición de talleres en centros educativos e locais sociais, exposicións dos traballos artesanais, asistencia a feiras e mercados para presentar os traballos e conferencias e charlas para dar a coñecer o oficio artesanal.

Para este ano en curso as nosas actividades previstas serán: Cestería, palillos, coiro e metal para os cales se impartirán cursos avanzados e de iniciación e ademais exposicións para darnos a coñecer.


A+ | a-

Séguenos no Twitter