Asociación Cultural Fuco Buxán

Comité Cidadán de Emerxencia - Acto Musical, poético e de celebración das Sentencias do Supremo, e X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía, a o Acto que, co lema:


“O SUPREMO XA FALOU. 
QUEIRAN OU NON DÉRONNOS A RAZÓN”,

vaise celebrar o

Xoves, 2 de xuño, ás 7 da tarde
Centro Cívico Carvalho Calero*
Praza do Inferniño – Ferrol


*IMPORTANTE: La Voz de Galicia difundiu ¿por erro? que este acto tería lugar noutro sitio. Insistimos en que se celebrará no CENTRO CÍVICO CARVALHO CALERO

Será un acto musical e poético, con intervencións en apoio á loita contra REGANOSA, ao que asistirá a abogada do CCE Patricia Gabeiras, e ao que están confirmando a súa participación numerosas Asociacións, Entidades e persoas vinculadas de sempre á defensa da legalidade, da Ría e da Vida.



X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos
O sábado 4 de xuño terá lugar a X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que se iniciará ás 17 hs no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematará no Local da A.VV. “O Cruceiro” de Mehá.


Desde o CCE agradécese participación e difusión en ambos actos.


PLANTA DE GAS : PECHE XA!
A+ | a-

Séguenos no Twitter