Saltar ao contido principal

Hoxe sábado 4 de Xuño, en Ferrol, van ter lugar dous importantes eventos: a X Marcha a Pé Ferrol- Mugardos en protesta polo despropósito gasista de Reganosa e unha interesante xornada sobre contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo

Hoxe sábado 4 de Xuño, en Ferrol, van ter lugar dous importantes eventos:

Xa pola mañá, desde ás 10:30hs e continuando pola tarde ás 16:00hs, na fin de semana do Día Mundial do medio ambiente, máis dunha decena de relatores analizarán en Ferrol a situación na Galiza e na UE da problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo, e como protagonista a nosa Ría, baixo o título:  "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da Unión Europea (UE)". Unha Xornada de análise e debate sobre a situación do medio mariño convocada polo GUE/NGL e coordenada por AGEe . | Baixar/Acceder ao Programa. | + info en Ártabra 21.


Cartaces sabado 4 de xuño

 
E pola tarde, ás 17:00hs, a X Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos, 15 quilómetros de dignidade, despois de anos de loita e tres Sentenzas firmes do Tribunal Supremo, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, en defensa da Ría, a nosa seguridade e a vida. A 10ª Marcha, que se iniciou como lembranza do peche -de 111 días- que mantiveron no concello os veciños e veciñas de Meá, partirá ás 5 da tarde, este sábado 4 de Xuño de 2016, desde o Parque de Caranza que leva o nome do primeiro coordenador do Comité Cidadán "Carmelo Teixeiro".

Case tres horas máis tarde chegará a Marchar até as inmediacións de Reganosa, onde os enormes tanques cegan a paisaxe e nos lembran o corrupto despropósito gasístico. Os berros de Planta de Gas Fora da Ría !! e A Ría é nosa non de Reganosa !!, sairán do "corazón" das persoas que marcharan até Mugardos, onde as recibirá a veciñanza do lugar.

Ven a participar na Marcha, aínda que sexan uns minutos na saída, ou un quilometro,... o que poidas, ou achégate até Mugardos, no lugar de Meá, mais non faltes.