Saltar ao contido principal

Encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, este martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol estrea páxina web (https://plataformaferrol.blogspot.com.es/), e faino cun artigo que nos convida a participar nun encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, o martes 21 de xuño ás 19:00h, no Ateneo Ferrolán.



Como xa comentaramos nunha publicación pasada (Excelente artigo de Ártabra21 sobre a xornada aberta "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga"), Fernando Urruticoechea xa estivera en Ferrol o pasado 13 de maio explicando a grande cantidade de posibilidades das que se dispoñían para remunicipalizar servizos públicos nunha conferencia que levaba o título de "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga"

Nesta ocasión, o acto estará centrado na problemática da nosa cidade en canto ao contrato eléctrico, a xestión do lixo e da auga.

Prégase máxima difusión!

Para máis información:
Encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, este martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
Coordinadora Promotora da Plataforma
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces