Saltar ao contido principal

Exposición de pinturas de Victor G. Novás en Valdoviño. Inauguración o venres 1 de xullo, 20:30h

O noso compañeiro Victor G. Novás, e o Concello de Valdoviño convídanvos á inauguración da exposición das súas obras acompañada con textos de Karlotti.

Este evento terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas nas instalacións da sala de exposicións da Casa da Cultura de Valdoviño.



Esta exposición permanecerá aberta até o 18 de xullo, podéndose visitar nos seguintes horarios:


  • De luns a venres: en horario de mañá das 9 ás 14 horas, e en horario de tarde das 20 ás 21:30 horas.
  •  Sábados: das 12 ás 14 horas.