Publicamos a seguinte invitación que nos envían dende a Marcha Mundial das Mulleres:
A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
QUEREMOS CONVIDARVOS, A PARTICIPAR NOS ACTOS PARA CONMEMORAR O
DIA DO ORGULLO LGTBI
QUE TERÁN LUGAR O
MARTES 28 DE XUÑO
CANTÓN DE MOLINS EN FERROL
ÁS 20:00H.
Neste 28 de xuño, queremos reivindicar unha sexualidade libre de condicionamentos sociais e culturais, rachar co patriarcado e o heterosexismo que domina todos os ámbitos das nosas vidas. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a discriminación, exclusión, violencia, invisibilidade, acoso e rexeitamento por unha parte da sociedade e institucións afíns ao heteropatriarcado, por amar dunha maneira diferente aos canones establecidos.
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
Tlf: 636878606
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza