Saltar ao contido principal

Concentración en solidariedade con Laura Bugallo

O Foro Galego de Inmigración convoca o martes día 7 de xuño ás 9:00 h (na porta dos Xulgados de Fontiñas, en Santiago de Compostela, Rúa Viena), unha Concentración en Solidariedade coa grande activista social Laura Bugallo para solicitar a ABSOLUCIÓN definitiva da nosa compañeira (que ten o xuizo ese día e a esa hora ) por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa.


Ás 11:00h faremos lectura pública dun Manifesto de apoio á nosa compañeira.





PREGAMOSVOS FAGADES A MÁXIMA DIFUSIÓN POSIBLE DESTE ACTO DE APOIO A NOSA COMPAÑEIRA.



Foro Galego de Inmigración
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com