Asociación Cultural Fuco Buxán

O luns 27 de xuño comparecerá Reganosa perante o Xulgado de Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia anuncia no artigo Comparecencia de REGANOSA no Xulgado de Ferrol publicado na súa web, que o próximo luns 27, ás 9.30 h., D. Emilio Bruquetas (Director de Reganosa ) está convocado a declarar diante do Xulgado nº 3 de Ferrol,  tras a denuncia presentada polo Comité Cidadán de Emerxencia, o pasado 21 de maio, contra a entrada na Ría dun gaseiro cargado con GNL para subministro e funcionamento da planta de Reganosa, logo que o Supremo declarase a planta ilegal, nas sentenzas do 29 de Marzo e 25 de Abril.

Foto: Diario de Ferrol - Jorge Meis
Foto: Diario de Ferrol - Jorge Meis


Lembramos que a semana pasada, o Comité Cidadán de Emerxencia denunciaba ante os mesmos xulgados a entrada doutro gaseiro, como explicaban no seu artigo O CCE denuncia no Xulgado de Ferrol a próxima entrada dun gaseiro cargado de GNL
A+ | a-

Séguenos no Twitter