Saltar ao contido principal

Resumo de novas do Comité Cidadán de Emerxencia: acto do 2 de xuño, X Marcha a Pé, e máis

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de publicar unha boa cantidade de información que resumimos a continuación.



Comezaremos co acto do pasado 2 de xuño de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo: a semana pasada publicaba unha nova sobre o Éxito do acto de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa, e onte mesmo colgaba na súa web un artigo co Audio e Fotos do Acto celebrado o pasado 2 de xuño.



Respecto á X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, tamén publicaba hai uns días o artigo Así foi a X Marcha a Pé, e posteriormente Máis fotos da X Marcha a Pé Ferrol-Mugardos.











En canto a outros temas, tamén se fixeron eco da Denuncia-pregunta de Lidia Senra ante a Comisión Europea, así como dunha extensa e pormenorizada Entrevista a Patricia Gabeiras en Praza Pública. Ademáis, tamén nos facemos eco da nova do Diario de Ferrol na que relatan cómo El Congreso rechaza discutir la decisión del PP sobre la licencia de Reganosa, tema que propuxo ante esa camara En Marea.

Seguiremos informando