Saltar ao contido principal

Mércores 1 de xuño: reunión da Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos de Ferrolterra

O pasado martes 24 constituíase en Ferrol unha iniciativa cidadá que pretende parar o Contrato Eléctrico que tramita o Concello de Ferrol, e que se daba a coñecer nun comunicado que difundía Ártabra 21, e que reproducimos a continuación:


Onte, martes 24 de maio, celebrouse unha asemblea Cidadá onde participaron activistas de distintos ámbitos reivindicativos da nosa cidade. Reuniuse ante a alarma xerada, polo anuncio da concesión do Contrato Eléctrico por parte do Concello de Ferrol. Un contrato de 15 anos, que vai outorgar máis de 41 millos de euros das arcas municipais, a unha Unión Temporal de Empresas (UTE), composta pola empresa local (SEFCON) que administra Borja Silveira Rey, e a multinacional Fomento de Construciónes e Contratas (FCC).

Esta asemblea considerou que este contrato, ademais de ser ilegal no seu procedemento, segundo distintos técnicos consultados, que fan traballo de asesoramento a esta asemblea, é lesivo para os intereses do pobo de Ferrol, hipotecando o futuro da cidade.

Por todo isto aprobou constituírse en promotora dunha Plataforma pola Remunicipalización dos Servizos Públicos, nomeando unha coordinadora, que comezou a traballar cara o obxectivo de paralizar este contrato, e encetar o camiño da defensa da municipalización dos servizos públicos.

Abonda de saqueo!
Hai outras alternativas!
Si se pode!

Ferrol, 24 de maio de 2016

Asinado.-

Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Lupe Ces.


Esta Plataforma convoca unha nova xuntanza este mércores 1 de xuño, ás 19:00h no Local Social da AVV do Pilar (Rúa Valdoviño, 7-8, soto), en Ferrol. Están convidados a ela tódolos colectivos e cidadanía con interese en traballar neste sentido.

Agradécese difusión.