Saltar ao contido principal

Comunicado da "Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización" de Ferrol. Rolda de prensa mércores 8 de xuño, 12:00h en Sargadelos

Compartimos este comunicado que nos achegan dende a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización de Ferrol



Mediante este escrito queremos lembrarche a convocatoria da Rolda de Prensa deste Mércores 8 de Xuño, ás 12:00h do mediodía, na Galería Sargadelos de Ferrol, sobre o chamado Contrato Eléctrico no Concello de Ferrol. Na Rolda de Prensa fixaremos a posición sobre o mencionado "Contrato Eléctrico", presentaremos a Plataforma, o porque da súa constitución, os seus obxectivos e a folla de ruta que nos marcamos. 

Dicir que en Ferrol, veciñas e veciños organizados no tecido asociativo da cidade, e mesmo en representación de entidades e colectivos da mesma, ante o cariz que está tomando o desenvolvemento da actividade política municipal, e as dubidas -ou mesmo renuncias- para levar adiante un programa minimamente transformador, e enfrontar-se ao poder político e económico que pretende impoñer un programa neoliberal que o pobo de Ferrol derrotou nas urnas en Maio do pasado ano, decidimos encetar a constitución dunha "Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización" que faga fronte a estas políticas. 

De entrada, a nosa actividade centra-se na oposición ao chamado "Contrato Eléctrico", que non cesaremos ata conseguir que non se asine por ilegal e non conforme aos intereses do pobo ferrolán. 


En Ferrol, a 7 de Xuño de 2016 

Asinado.- 
Alexandre Carrodeguas 
Fernando Ramos Armesto 
Pablo Portero 
Lupe Ces 

***