Saltar ao contido principal

Mércores 29 de xuño, Actos pola Auga en Ferrol

Este mércores 29 de xuño, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galicia do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar en Ferrol dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como?



Se ben ás 12:00h terá lugar no Concello de Ferrol un acto institucional, o acto principal, aberto ao público en xeral terá lugar no Ateneo Ferrolán o mércores 29 de xuño, ás 19:30h

Para máis información sobre estes actos, podedes consultar a seguinte publicación na páxina web desta plataforma: A Plataforma en Defensa dos Servizos públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar, en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño

Aproveitamos para lembrar que hai uns días Ártabra21 anunciaba que O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser, a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario de suspensión da taxa de depuración, suspensión á que só se opuxera o Partido Popular

Agardamos a vosa presenza neste acto que coma cidadáns nos permitirá estar ao tanto dos beneficios e posibilidades reais da remunicipalización da auga e saneamento.