Saltar ao contido principal

Información sobre a última reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública


O pasado 6 de xuño tiña lugar en Santiago de Compostela unha reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública. A acta desta reunión pódese consultar na seguinte ligazón [Ver acta], na que se acordan cuestións como as seguintes:

  • Apoiar a campaña de sensibilización social e promovida polo  Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) "Badaladas en Prevención do Suicidio" na que participan representantes de diferentes colectivos sociais na porta da Catedral de Santiago

  • Apoiar a mobilización que terá lugar o 22 de xuño na contorna do Hospital Meixoeiro

  • Realización de mobilizacións en tódolos hospitais e centros de saúde de Galicia para protestar contra o peche de camas e de recursos en centros de Atención Primaria durante o verán: respecto a este punto, comparten un documento explicativo sobre esta cuestión que se pode ver na seguinte ligazón [Ver documento]

  • Solicitar a todos os Concellos gobernados por forzas progresistas a constitución de Comisións Sanitarias de Participación Cidadá, seguindo o exemplo do acordo alcanzado pola Plataforma SOS de Compostela  co Concello desa cidade.

  • Necesario pronunciamento contra o TTIP

  • Infórmación sobre a intención do goberno de introducir membros da administración nas Comisións de Ética


Para máis información: www.sos-sanidadepublica.org