Saltar ao contido principal

VII Seminario sobre a Memoria Histórica - Nova Escola Galega - 20, 21 e 22 de maio

Compartimos a seguinte mensaxe que nos chega da Nova Escola Galega publicitando o seu VII Seminario sobre a Memoria Histórica:

Achegamos, con rogo de divulgación, o programa do VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, “AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS, A DEPURACIÓN NO MAXISTERIO E AS MULLERES ANTIFRANQUISTAS REPRESALIADAS”, que se celebrará en Rianxo, Boiro e Gres (Ponte Ledesma, os días 20, 21 e 22 de maio de 2016. O Seminario contará coa presenza de destacados especialistas no período, así como de ex-guerrilleiros e de familiares de guerrilleiros.

Dadas as características do Seminario, as prazas son limitadas. Trátase dunha actividade recoñecida con 20 h. de formación (proceso de recoñecemento en trámite).

Toda a información pode localizarse na páxina web de Nova Escola Galega (www.neg.gal).

O programa pode localizarse aquí: Programa

E a ficha de inscrición, aquí: Matrícula

Reiteramos a petición de divulgación

Un saúdo cordial,

VII Seminario sobre a Memoria Histórica
Nova Escola Galega
neg@neg.gal