
Coa fin de quentar motores para esta data, a Columna Galega das Marchas da Dignidade, co-organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade", un acto realizado o día 13 de Maio de 2016 en Lugo para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade.
A continuación deixamos os vídeos das intervencións dos convidados a esta xornada:
Manuel Cañada
Isabel Villaba
Rafa Escudero
Rocío Fraga
Como é habitual, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra organizan autobuses para participar nesta mobilización. O bus ten un prezo de 6€ ida/volta. Sairá o sábado 28 de maio ás 10:00h da maña dende monumento 10 de Marzo, nas Casas Baratas, e de ser preciso, fará paradas en Caranza (Avda. das Pías), Fene (Gadis) e Cabanas (Hotel Sarga). A hora de volta estará entre as 14:00h e as 14:30h.
Podes apuntarte no 602 587 531, ou utilizando o seguinte formulario online: [Ver Formulario]
Para máis información:
Web: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es
Email: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Conta no Facebook.
Grupo no Facebook.
Conta no Twitter.
Canle de Ferrolterra no Youtube.