Saltar ao contido principal

Excelente artigo de Ártabra21 sobre a xornada aberta "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga"

Como anunciamos hai uns días, onte, venres 13, ás 18:30h, tivo lugar unha Mesa de Traballo aberta baixo o título "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga", presidida por Fernando Urruticoechea. Un evento cuberto de forma excelente por Ártabra21 no seguinte artigo:

Municipalización, remunicipalización e loita veciñal e popular contra o saqueo das arcas públicas - Vídeo da Xornada Aberta sobre Auga e Corrupción, coa presencia de Fernando Urruticoechea e un interesante debate, máis de dúas horas de mesa de traballo en defensa dos servizos públicos


Un artigo que ven complementado cunha serie de 7 vídeos sobre a maxistral intervención de Urruticoechea, que como interventor en varios concellos de España, e cun compromiso ferreo co seu papel de fiscalización das administracións locais, e contando cos coñecementos que foi xuntando sobre o modus operandi de empresas concesionarias e administracións corruptas, foi quen de abrirnos moitísimas portas sobre o tema da remunicipalización.


Quixéramos tamén facer mención a un feito que xa coñeciamos por outros casos de funcionarios, que fieis á súa labor, sofren todo un calvario por opoñerse á corrupción e a un poder que pretende obrar no seu beneficio propio arrogado na arbitrariedade, no abuso de poder e na coacción. Unha situación pola que o propio Urruticoechea pasou, segundo confesou nesta xornada, e que desgrana o seguinte artigo: El País - Funcionarios en el infierno. Sirva esta mención como pequena homenaxe a estas loitadoras e loitadores gracias aos cales, este país non é un lugar peor do que xa é.