Saltar ao contido principal

23/05/2016 - Convocatoria de concentración das ANPAs de Ferrolterra contra as reválidas de 3º e 6º de primaria



Difundimos esta convocatoria da Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS:

O vindeiro martes 24 e mércores 25 os centros educativos galegos de primaria comezarán as probas de reválida de 3º de primaria impostas pola “moribunda.
A pesares do amplo rexeitamento destas probas, manifestado por todos os sectores da comunidade educativa galega e do éxito da insubmisión á celebración da pasada reválida de 6º de primaria, a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galiza IMPÓN aos centros educativos a súa realización, coa clara intención de implantar a LOMCE seguindo a folla de ruta establecida dende Madrid por un Goberno

Por todas as razóns amplamente expostas durante estas semanas e xa coñecidas por todas/os, na Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS, consideramos que a realización das reválidas so traerá prexuízos as nosas fillas e fillos.

Por iso, imos amosar publicamente o total rexeitamento da comunidade educativa á LOMCE e ás excluíntes REVÁLIDAS, e con ese obxectivo CONVOCAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NUNHA CONCENTRACIÓN que se celebrará o LUNS DÍA 23 ÁS 20:00 HORAS DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALIZA NA PRAZA DE ESPAÑA DE FERROL, invitación que lles estendemos tamén a vostedes


Desexando contar coa vosa presenza nese acto , recibide un cordial saúdo.

O Presidente da FEANPAs