Como xa viñamos anunciando dende hai semanas, este venres 13 de maio terá lugar unha mesa redonda na que se lembrará a personalidade artística e cultural, a súa ligazón sociopolítica e os vínculos literarios de Xaime Quessada. Sen embargo, é preciso aclarar que, tal e como se indicaba na rolda de prensa deste martes 10 de maio no Concello de Ferrol, o plantexamento desta xornada presenta varias modificacións:
- Ás 18:30h terá lugar no Auditorio de Ferrol unha visita guiada ós dous murais de Quessada expostos neste edificio.
- Posteriormente, ás 20:00h, no Centro Torrente Ballester terá lugar o acto titulado "Lembrando a Quessada", no que intervirán Vicente Álvarez Areces, expresidente do Principado de Asturias, quen lembrará o compromiso político e social de Quessada no contexto da cidade; Darío Villanueva, director da Real Academia Española, e José Gómez Alén, experto na figura do artista plástico
Agardamos poder contar coa vosa presenza neste acto.