Saltar ao contido principal

Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga - 13/05/2016

A pesares da cancelación das Xornadas sobre a Xestión Pública da Auga, e aproveitando a coxuntura, este venres 13 de maio de 2016 ás 18.30h terá lugal no Local Social "Tino Deibe" -onde ten a sede a nosa asociación Fuco Buxán- unha Mesa de Traballo baixo o título "Auga e Corrupción. Consecuencias da xestión privada da auga".

Estará presidida por Fernando Urriticoechea, economista e interventor municipal, con habilitación estatal, de categoría superior. Foi precursor das denuncias de corrupción xa en 1990 no concello de Galdakao (Biscaia), sendo máis coñecido o seu labor profesional, de control da legalidade, no Concello de Castro Urdiales (Cantabria), entre os anos 2001 e 2006. Máis recentemente tivo que informar acerca da corrupción existente no concello de Crevillente (Alacante), tamén case en total soidade. Como funcionario demostrou ser unha persoa comprometida co cumprimento da súa profesión, en defensa do interese xeral e moi activa contra a corrupción.



Convidamos a todas aquelas persoas e entidades interesadas a participar nesta mesa de traballo sobre unha cuestión que está de rigurosa actualidade na comarca, e que afecta a toda a cidadanía.

Acompañamos esta invitación cun interesante artigo publicado por Fernando Urruticoechea no que desgrana de xeito resumido as claves dos inconvintes da xestión privada da auga, e a necesidade da súa reincorporación ao eido público: Atlántica XXII - Como ganar la batalla del agua