Saltar ao contido principal

Martes 31 de maio, 19:30h, Sargadelos - Presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Este martes 31 de maio, ás 19:30h, terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol un acto aberto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Constituída na actualidade por máis de 45 colectivos -entre eles, Fuco Buxán-  ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade e denunciar a política migratoria da UE.

No acto, participará Alberto Ameneiros, veciño da nosa comarca, que relatará a súa experiencia nos campos de refuxiados dos que acaba de regresar.

Pregamos máxima difusión deste acto, e a vosa participación.




Máis información sobre a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Web: http://www.rederefuxiadas.org/
Twitter: @GalRefuxiadas