Saltar ao contido principal

Comedor Social de Esteiro

http://www.google.es/imgres?sa=X&biw=1536&bih=731&tbm=isch&tbnid=_AujE-CfXU_jyM:&imgrefurl=http://ferrol360.es/los-socialistas-de-ferrol-censuran-la-politica-del-gobierno-local-en-cuanto-a-comedores-sociales/&docid=Kpsd1H6mIANo6M&imgurl=http://ferrol360.es/wp-content/uploads/2013/09/Esteiro.jpg&w=1265&h=553&ei=OBSKUreuLcaG0AXu7IDoBQ&zoom=1&ved=1t:3588,r:1,s:0,i:85&iact=rc&page=1&tbnh=148&tbnw=340&start=0&ndsp=19&tx=127&ty=61


A Xunta Directiva da AV de Esteiro queremos respostar ás declaración formuladas, pola Concelleira de Benestar, Dona Rosa Martínez Beceiro, no día de onte nos medios de comunicación ao respecto da ubicación do Comedor Social de Esteiro no noso local social, debido a que só amosaran interese por el unha persoa.

A Concelleira de Benestar estivo no mes de febreiro no da Av de Esteiro e nos dixo que se ía poñer a funcionar o Comedor Social canto antes, todo o máis tardar no mes de Maio.

Como non foi verdade denunciamos reiteradamente a necesidade de rematar as obras precisas para poñer a andar esa infraestrutura.

Dirixímonos á Concelleira para que se cambiase a fiestra do local onde se ubica o comedor por que está deteriorada e produce friaxe e humidade. Non aceptou a nosa proposta.

Manifestamos que se puxese taríma flotante como estaba previsto no proxecto anterior. Non aceptou a nosa proposta.

No mes de xuño SOLICITAMOS da Concellería de Benestar que, dado que en Xullo, Agosto , non habia actividades no noso local fixesen as obras precisas. Cambiar portas, adaptar os accesos e modificar a entrada do local social.

Non se nos fixo caso ningún e as obras foron en Setembro . Denunciamos que había deficiencias e o 15 de Outubro o Alcalde da Cidade e a Concelleira de Barrio, xunto co de Obras e Servizos viñeron a o noso local para ver como quedaran as obras. O Alcalde coincideu con nós en que era preciso cambiar a fiestra do local e comprometeuse a trasladarllo a Rosa Martínez..

A propia Asociación Veciñal de Esteiro pagamos dos nosos fondos un mamparo divisorio do Comedor Social, mercamos colgadores, papeleiras, etc o que nos supuxo un gasto de máis de 1.500 euros para dotar ao Comedor do que a Concellería de Servizos Sociais non dotaba

Nunha Comisión de Servizos Sociais , Dona Rosa Martínez manifestou que a Asociación Veciñal de Esteiro queriamos montar un bar no local e que xa colocaramos un mostrador. Non sabe a Concelleira que o mostrador o puxo o Concello e que forma parte do mobiliario do Comedor Social, xa que é por onde se serven as comidas e onde se garda a vaixela e as cuberterías. A Rosa Martínez lle parece que queremos montar un bar ( Cando eliminamos un que había cando unificamos as dúas entidades). Tamén proferiu a amenazas que se a ela lle daba a gaña non empezaba a funcionar o Comedor de Esteiro ou o poñía noutro lugar ( Consta na acta da xuntanza). Polo que se ve é o que pretende facer

O único anuncio de que se abría o prazo para anotarse no Comedor Social de Esteiro foi a declaración aos medios do Alcalde de Ferrol o 15 de outubro con motivo da visita ao mesmo.

Desde a Concellería de Benestar non se fixo publicidade ningunha e mesmo a AV de Esteiro tivemos que ir ao Concello para buscar as solicitudes de inscrición para telas no noso local e en ningún momento das obras apareceu a Concelleira de Benestar Social para interesarse polo estado das mesmas nin polo seu resultado..

Queremos DENUNCIAR a falta de interese demostrada, desde sempre, por Rosa Martínez en botar a andar o Comedor Social Público de Esteiro, as trabas contínuas e non escoitar nunca a AV de Esteiro cando lle traladabamos a deficiencias , e aída por riba quere botarnos a nós a culpa das súas responsabilidades.

Estamos seguros de que o Comedor Social de Esteiro é necesario e de que responde a unha demanda da sociedade e desde a AV de Esteiro imos facer unha campaña para publicitar o Comedor , en vista de que desde a Concellería de Benestar de Ferrol non se fai por que non ten ningún interese.

Xunta Directiva da AV de Esteiro