A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que leva no Ateneo Ferrolán dende o 15 de novembro e finaliza o vindeiro día 30.
O venres día 29 ás 20:30 Horas terá lugar unha Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz", un audiovisual Premio Mestre Mateo 2011 dirixido por Simón Vázquez de Infiernos TV S.L.
Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega.
Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán.